Manuel Rivas – Espanha

Nascido na Corunha, Galiza, escreve originalmente na língua galega. Começou a trabalhar no jornal Ideal Gallego aos 15 anos. Entre as suas obras de poesia encontram-se O pobo da noite (1997), A desaparición da neve (2009), A boca da terra (2016) e o recente O que fica fóra (2021), prémio Follas Novas em maio de 2022. Recebeu em cinco ocasiões o prémio da Crítica galega e espanhola. Foi prémio Nacional de Narrativa pela obra Que me queres, amor?. As suas duas últimas obras são de ensaio crítico: Contra Todo Isto e Zona a defender. É codiretor da revista mensal de reportagens e cultura alternativa Luzes, editada na Galiza e em galego. A sua prosa está publicada em português, nas editoras Dom Quixote e Faktoria K de Livros.

A hora de durmir fóra  

 

Non, eu non quería morrer. 
É certo o que di a lousa. 
Eu non quería morrer. 
Nunca me interesou esa experiencia do Alén,  
nin sequera as maceiras de Avalon. 
Preferíbel unha excursión a Valença do Minho, 
ida e volta no día, 
co agasallo dun xogo de coitelos. 
Eu era feliz oíndo o asubío inmortal do afiador. 
E era feliz abrindo a caixa de correos 
cada mañá. 
Ninguén manda cartas, 
pero algo sempre hai. 
Esa alegría da publicidade barata. 
O Lidl anuncia unha cinta métrica 
con telémetro láser. 
O feliz que eu era sabendo as medidas de ríos e montañas.  
Moito me axudou iso a vender enciclopedias. 
Canto mide o ecuador da Terra? 
Os pais miraban o fillo e naquel estupor familiar 
de non saber 
eu percibía a esperanza. 
Eu era feliz cos 40.075 quilómetros do perímetro terrestre,  
os 8.849 metros de altura do Everest 
e os 6.650 quilómetros da lonxitude do Nilo. 
A John Fitzgerald Kennedy matárono ás 12.30 horas 
do 22 de novembro de 1963. 
Así lle paraba os pés a algún bocalán 
xogando ao dominó. 
Eu era feliz xogando ao dominó no café da Barra. 
Como Sun Tzu, 
mantíñame impenetrábel e escuro, 
mais cando movía ficha, 
caía como un lóstrego.  
Eu era feliz vendo o lostregar na noite  
arredor do faro. 
E era moi feliz mirando o mar 
na rompente do Orzán.  
O mar dá de todo.  
Mesmo dá que pensar.  
Eu, como o mar, 
non quería morrer.  

 

Poema retirado de O que fica fóra, Apiário (2021)